O REINO DAS MONERAS

Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre as moneras, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Que caracteriza aos organismos deste reino?", "Que tipo de moneras hai?", "Son perxudiciais as bacterias para a saúde?", "Que beneficios nos aportan as moneras?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






sábado, 1 de mayo de 2010

O reino das moneras

Reino das moneras: Comprende ós organismos unicelulares procariotas que coñecemos como BACTERIAS.
Características xerais.
Función de nutrición.
A maioría das bacterias son heterótrofas.
Tamén hai bacterias autótrofas, que fan a fotosíntese.
Cianobacterias.
Función de relación.
Poden ser inmóbiles.
Poden ter movemento natatorio mediante flaxelos.
Poden desprazarse movéndose polas superficies.
Colonizan tódolos medios: Solo, atmosfera, océanos,...
Poden vivir en condicións moi extremas, xa que se adaptan con facilidade.
Función de reproducción.
Reprodución asexual mediante sucesivas divisións da súa célula.
Poden formar agrupacións de millóns delas que se chaman COLONIAS.
As bacterias.
A súa forma.
Bacilos: Teñen forma de bastonciño.
Cocos: Teñen forma esférica.
Espirilos: Teñen aspecto de resorte.
As bacterias e as persoas.
Algunhas bacterias poden ser prexudiciais para as persoas, xa que lles poden orixinar enfermidades infecciosas.
Robert Koch, no século XIX, descubriu a relación entre as bacterias e os efectos prexudiciais para as persoas, ao descubrir que a tuberculose era producida por un tipo de bacilo.
Enfermidades importantes de orixe bacteriano son:
Tuberculose.
Cólera.
Meninxite.
Tétanos.
As bacterias tamén poden ser beneficiosas.
Utilidades das bacterias.
Loita biolóxica: Hai bacterias que producen velenos que nos podemos utilizar contra as pragas que atacan os nosos cultivos.
Fertilizantes biolóxicos: Certas bacterias do solo enriquecen a este de nitróxeno, esencial pata a vida das plantas.
Actividades industriais: Utilízanse para fabricar antibióticos para tratar infeccións, tamén para extraer metais dos xacementos minerais.
Fabricación de alimentos: Interveñen na fabricación do queixo, iogures,... Tamén transforman o alcohol do viño para obter o vinagre,...
Loita contra a contaminación industrial: Na loita contra as mareas negras utilízanse bacterias. Tamén se utilizan na depuración das augas residuais das cidades,....

viernes, 24 de octubre de 2008

Glosario: As moneras

- Bacteria.
- Cianobacteria.
- Cólera.
- Colonia (de bacterias).
- Flora (intestinal).
- Meninxite
- Nutrición.
- Tétano.
- Tuberculose.
- Unicelular.

jueves, 16 de agosto de 2007

A orixe da vida celular e as bacterias



Documento audio - visual que explica o inicio da vida celular complexa, desde o osíxeno e as bacterias, coas mitocondrias nos seres eucariotas.

Microbios e bacterias para a saúde



Utilidade das bacterias na nosa saúde.

Reproducción bacteriana



Un vídeo de como se reproducen as bacterias.